Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22684

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes

EDICTO (331/2014).

No procedemento de referencia ditouse a sentenza cuxo encabezamento e decisión din literalmente:

«Sentenza.

Ordes, 21 de abril de 2015.

Vistos por min, José Manuel Pérez Maside, maxistrado xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Ordes, os presentes autos de xuízo verbal co número indicado, sobre reclamación de cantidade, en que foron parte demandante Sociedad Conjunta para la Emisión y Gestión de Medios de Pago E.F.C., S.A., representada pola procuradora Raquel Ceinos Real e asistida pola letrada Marian Antelo Dorrego; e como parte demandada Michael Laurent Ollivier, en rebeldía procesual, recaeu a presente sentenza con base nos seguintes,

Decido.

Que estimando integramente a demanda presentada pola procuradora Sra. Ceinos Real en nome e representación de Sociedad Conjunta para la Emisión y Gestión de Medios de Pago E.F.C., S.A. contra Michael Laurent Ollivier debo condenar e condeno este a que lle pague a aquela a cantidade de catro mil cento corenta e tres euros con noventa céntimos de euro (4.143,90 €) máis os xuros legais devindicados desde a data de interposición da demanda.

Impóñense as custas procesuais ao demandado.

A presente resolución non é firme, e fronte a ela poderá interpoñerse, por escrito, perante este xulgado, dentro dos vinte (20) días seguintes ao da súa notificación, recurso de apelación para ante a Audiencia Provincial da Coruña.

Todo o que pretenda interpoñer recurso contra sentenzas ou autos que poñan fin ao proceso ou impidan a súa continuación, consignará como depósito 50 euros, se se trata de recurso de apelación.

A admisión do recurso precisará que ao prepararse este se consignase na oportuna entidade de crédito e na conta de depósitos e consignacións aberta a nome do xulgado ou do tribunal, a cantidade obxecto de depósito, o que deberá ser acreditado.

Non se admitirá a trámite ningún recurso cuxo depósito non estea constituído.

De se estimar total ou parcialmente o recurso, na mesma resolución dispoñerase a devolución da totalidade do depósito.

Cando o órgano xurisdicional inadmita o recurso ou confirme a resolución impugnada, o recorrente perderá o depósito, ao cal se lle dará o destino previsto nesta disposición.

Así por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo».

E para que sirva de notificación a Michel Laurent Ollivier, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Ordes, 21 de abril de 2015

A secretaria xudicial