Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22686

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1243/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario 1243/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Sonia Rivera Rodríguez contra a empresa Piamanet, S.L. e Fogasa sobre ordinario, se ditou sentenza cuxa parte dispositiva é a seguinte:

Resolvo que, estimando a demanda interposta pola demandante Sonia Rivera Rodríguez, con citación do Fogasa, debo condenar e condeno a empresa Piamanet, S.L. a que aboe ao demandante a cantidade de 5.620,09 euros polos conceptos reclamados na demanda, máis o xuro do 10 % por mora respecto da cantidade salarial.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que se deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza, e no propio termo se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao anunciar o recurso, entregar xustificante acreditativo de ter consignado a cantidade obxecto de condena na conta de depósitos e consignacións que este xulgado ten aberta no Banco de Santander desta cidade.

E, igualmente, deberá, no momento de interpoñer o recurso, consignar a suma de 300 euros en concepto de depósito especial para recorrer.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Piamanet, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 19 de maio de 2015

A secretaria xudicial