Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22687

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (873/2013).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fai saber que no procedemento de Seguridade Social 873/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Mutua Gallega de Accidentes de Traballo contra a empresa Multifiber, S.L., sobre seguridade social, se ditou sentenza cuxa resolución é a seguinte:

Resolvo que debo desestimar e desestimo a demanda interposta pola Mutua Gallega de Accidentes de Traballo contra os demandados INSS, TXSS e Multifiber, S.L., e absolvo os demandados.

Notifíquese esta resolución ás partes ás cales se fará saber que contra ela só cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, que deberá anunciar ante este xulgado no prazo de cinco días contados a partir da notificación desta sentenza.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Multifiber, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 20 de maio de 2015

A secretaria xudicial