Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22688

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1234/2012).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento ordinario número 1234/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Teresa Souto Saavedra contra a empresa Díaz Souto, S.L. se ditou sentenza con data do 12.5.2015 contra a cal se pode interpoñer recurso de suplicación no prazo de cinco días; fágaselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Díaz y Souto, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 19 de maio de 2015

O secretario xudicial