Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22689

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (701/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 701/2012 por instancia de Fausta Martínez Morel contra Pedro García Iglesias e o Fondo de Garantía Salarial sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza o 9.3.2015 que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido:

Estímase a demanda formulada por Fausta Martínez Morel fronte á empresa Pedro García Iglesias, con intervención do Fondo de Garantía Salarial e, en consecuencia:

– Condénase a empresa Pedro García Iglesias a aboarlle á demandante a cantidade de tres mil setecentos noventa euros con oitenta e dous céntimos de euro (3.790,82 euros).

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución e para isto abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, no momento de anunciar o recurso ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o deposito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado e fará constar no ingreso o numero de procedemento.

Así o acorda, manda e asina, Nicolás E. Pita Lloveres, maxistrado do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Pedro García Iglesias expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 20 de maio de 2015

O secretario xudicial