Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22690

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (28/2015).

Execución de títulos xudiciais 28/2015

Procedemento de orixe: procedemento ordinario 169/2014

Sobre ordinario

Demandante: María Trinidad Rodríguez López

Demandados: Fondo de Garantía Salarial, Hortalizas e Legumes Otero García, S.L.

Eu, Marina García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 28/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Trinidad Rodríguez López contra a empresa Hortalizas e Legumes Otero García, S.L., sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se xunta:

Acordo:

a) Declarar a executada Hortalizas e Legumes Otero García, S.L., en situación de insolvencia por importe de 4.976,46 euros, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se en diante se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez que sexa firme, inscríbase no rexistro correspondente.

Para que sirva de notificación en legal forma a Hortalizas e Legumes Otero García, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 30 de abril de 2015

A secretaria xudicial