Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22691

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Reforzo da Coruña

EDICTO (459/2014).

Marta Yanguas del Valle, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de reforzo da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento/cesamento en xeral 459/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Lourdes López Vázquez contra Yovana Pérez Fernández, S.L. sobre despedimento, se ditou a resolución cuxo encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Xulgado do Social número 4.

A Coruña.

Reforzo.

Sentenza: 30/2015.

Xuíz: Javier López Cotelo.

Procedemento: despedimento 459/2014.

Demandante: Lourdes López Vázquez.

Letrado: Sra. Vázquez Méndez.

Demandado: Yovana Pérez Fernández, comparece por si mesma.

Sentenza 30/2015.

A Coruña, 27 de xaneiro de 2015.

Decido:

1º. Estimo a demanda sobre despedimento formulada por Lourdes López Vázquez fronte á empresa Yovana Pérez Fernández, S.L. e, en consecuencia, declaro a improcedencia do despedimento e condeno a demandada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a notificación da presente sentenza.

Esta opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido este prazo, sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

2º. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada, segundo o disposto no número anterior, son os seguintes:

– En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela, a cantidade de 4.503,41 euros.

– En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza, calculados a razón de 30,74 euros/día.

3º. Condeno a demandada a aboarlle á traballadora demandante a suma de 461,10 euros en concepto de prazo de aviso previo ao despedimento obxectivo non concedido.

Inscríbase a presente resolución no libro de sentenzas e déixese testemuño dela no presente procedemento.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles de que contra ela se poderá interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución por comparecencia ou mediante escrito, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Advírtaselle igualmente ao recorrente que non sexa traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, ou habentes causa seus, ou non teña recoñecido o beneficio da xustiza gratuíta, que deberá depositar a taxa establecida na Lei 10/2012, do 20 de novembro.

Así o pronuncio, mando e asino, Javier López Cotelo, xuíz de reforzo».

Publicación. A anterior sentenza foi lida e publicada polo xuíz que a subscribe no día da súa data, do que eu, a secretaria xudicial, dou fe.

Para que conste e sirva de notificación a Yovana Pérez Fernández, S.L., en ignorado paradoiro, expídese o presente edicto para a súa publicación no Diario Oficial de Galicia e colocación no taboleiro de anuncios.

A Coruña, 19 de maio de 2015

A secretaria xudicial