Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22693

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (80/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento execución de títulos xudiciais 80/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Rosalba Contreras Canales contra Photon Mundial, S.L. e Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

Declárase extinguida con data da presente resolución a relación laboral que unía a Rosalba Contreras Canales coa entidade Photon Mundial, S.L., condenando a esta a que lle aboe á executante a cantidade de 2.180,91 euros en concepto de indemnización, e 5.342,72 euros en concepto de salarios de tramitación.

Faise saber que, en caso de non cumprir a presente resolución, continuará como execución en diñeiro, polo importe total de 7.523,63 euros incrementados con 752,36 euros en concepto de xuros e custas da execución, sen prexuízo este último importe de ulterior liquidación.

Notifíquese a presente resolución ás partes e ao Fogasa, e fágaselles saber que contra ela cabe recurso de reposición no prazo de tres (3) días desde a súa notificación.

Así o acorda, manda e asina, Carolina Nores Díaz, maxistrada xuíza en comisión de servizo do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

E para que sirva de notificación en legal forma a Photon Mundial, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 19 de maio de 2015

A secretaria xudicial