Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 108 Mércores, 10 de xuño de 2015 Páx. 22682

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (379/2012).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifica que no presente procedemento de garda, custodia e alimentos nº 379/12, se ditou a seguinte sentenza, do teor literal seguinte:

Vigo, 16 de marzo de 2015.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia nº 5 de Vigo (xulgado de familia), viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 379/2012, sobre garda e custodia e alimentos respecto de fillo menor de idade, por instancia de Marcia Regina Gonçales, representada pola procuradora dos tribunais Eva Martínez Paz e con asistencia letrada de Enrique Costas Daponte, contra Antonio Marcos da Silva Pereiro, declarado en rebeldía procesual, e en que interveu o Ministerio Fiscal, con base nos seguintes:

(seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito)

Resolución na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Martínez Paz, en nome e representación de Marcia Regina Gonçales, como demandante, contra Antonio Marcos Da Silva Pereiro, declarado en situación de rebeldía procesual, e en que interveu o Ministerio Fiscal, fago o seguinte pronunciamento:

Único. A garda e custodia da filla menor atribúeselle á Sra. Gonçales, quen exercerá en exclusiva a patria potestade sobre a menor.

Non se fai especial pronunciamento en canto ás custas.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial.

Este recurso carecerá de efectos suspensivos, sen que en ningún caso proceda actuar en sentido contrario ao resolto (artigo 456.2 da LAC).

E para que conste e sirva de notificación a Antonio Marcos Da Silva Pereiro, expido este edicto.

Vigo, 15 de abril de 2015

A secretaria judicial