Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 21975

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO de notificación de sentenza (504/2014).

Divorcio contencioso 504/2014

Procedemento orixe:

Sobre divorcio contencioso

Demandante: María Virginia Ruiz de Castilla López

Procuradora: María del Carmen Fernández Ramos

Avogada: Rosa Santeiro Martínez

Demandado: Walter Pedro Cubas Mendoza

No procedemento de referencia foi ditada sentenza cuxa parte dispositiva é do teor literal seguinte:

«Decido:

Estimar integramente a demanda de divorcio interposta pola Sra. Fernández Ramos en nome e representación de María Virginia Ruiz de Castilla López contra Walter Pedro Cubas Mendoza e así, debo declarar e declaro haber lugar aos seguintes pronunciamentos:

– Declaro a disolución por divorcio do vínculo matrimonial contraído por María Virginia Ruiz de Castilla López e Walter Pedro Cubas Mendoza o día 3 de maio de 1982 en Concejo Distrital de Lince, da República do Perú, con todos os efectos legais pertinentes, co que cesan tanto as obrigas persoais derivadas do vínculo matrimonial e reguladas nos artigos 66 a 68 do como a presunción de convivencia conxugal e suspensión da vida en común (artigos 69 e 83 do Cc.) como as patrimoniais, co que cesa a posibilidade de vincular bens do outro cónxuxe en exercicio da potestade doméstica contida no artigo 1319 do CC.

– Declaro disolto o réxime económico matrimonial de sociedade de gananciais.

– Non se establece pensión compensatoria a favor de ningún dos cónxuxes

Non ha lugar a efectuar especial pronunciamento canto ás custas procesuais.

Notifíquese esta resolución ás partes e fágaselles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación no prazo de 20 días ante este mesmo xulgado.

Unha vez firme, expídase testemuño da sentenza para a súa anotación no rexistro civil que corresponda.

Lévese o orixinal ao libro de sentenzas deixando testemuño nas actuacións.

Así o pronuncio, mando e asino por esta a miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia, María del Carmen Bóveda Soto, xuíza substituta deste xulgado».

E como consecuencia do ignorado paradoiro de Walter-Pedro Cubas Mendoza, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Lalín, 14 de maio de 2015

A secretaria xudicial