Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 21973

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión

EDICTO de notificación de sentenza (346/2011).

No procedemento de referencia foi ditada a sentenza, cuxos encabezamento e parte dispositiva son do teor literal seguinte:

«Sentenza 92/2013.

Corcubión, 8 de outubro de 2013.

Vistos por min, Iván Barallobre Sánchez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión e o seu partido xudicial, os presentes autos do xuízo ordinario seguidos co número 346/2011 sobre división de cousa común por instancia de Esmeralda Úbeda Haz, representada pola procuradora Sra. Borrero Castro e defendida pola letrada Sra. Lamela Pérez, contra Manuel Víctor Domínguez Calvo, en situación procesual de rebeldía; foi pronunciada a presente sentenza en nome de S.M. El-Rei.

Resolvo:

Que, desestimando a demanda interposta por Esmeralda Úbeda Haz, representada pola procuradora Sra. Borrero Castro e defendida pola letrada Sra. Lamela Pérez, contra Manuel Víctor Domínguez Calvo, en situación procesual de rebeldía,

Debo absolver e absolvo Manuel Víctor Domínguez Calvo das pretensións exercidas contra el, con expresa imposición das custas procesuais á parte demandante.

Notifíquese esta sentenza ás partes e advírtaselles de que non é firme, senón que contra ela cabe interpor recurso de apelación ante este xulgado no prazo de vinte días contados desde o seguinte á súa notificación para a súa resolución pola Audiencia Provincial da Coruña. A interposición de recurso contra a anterior resolución exixe a constitución do depósito de 50 euros mediante ingreso en efectivo, en calquera sucursal do Banesto, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial.

Fáganse as anotacións correspondentes no libro de asuntos e lévese a presente ao libro de sentenzas e autos deste xulgado e testemuño desta aos autos principais.

Así o pronuncio, mando e asino por esta miña sentenza, xulgando definitivamente en primeira instancia.

Iván Barallobre Sánchez, xuíz do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 1 de Corcubión e o seu partido xudicial». (Asinada).

E como consecuencia do ignorado paradoiro do demandado Manuel Víctor Domínguez Calvo, expídese este edicto para que sirva de cédula de notificación.

Corcubión, 9 de outubro de 2013

O/a secretario/a xudicial