Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 21971

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2148/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección Primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fai saber que no procedemento recurso suplicación 2148/2013 desta sección, seguido por instancia de Izar Construcciones Navales, S.A. contra Endesa, S.A., Navantia, S.A., Luis Carral Prado, Alfre, S.L. sobre outros dereitos de seguridade social, se ditou a seguinte resolución:

«Resolvemos:

Desestimamos o recurso de suplicación formulado polo letrado Jorge Manuel Vázquez Miranda, en nome e representación da empresa Izar Construcciones Navales, S.A. en liquidación, contra a sentenza do 14 de xaneiro de 2014, ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, no procedemento número 27/2011, sobre indemnización por danos e perdas, seguido por instancia de Luis Carral Prado, confirmando a expresada resolución.

Déase aos depósitos e consignacións o destino legal. Condénase a recorrente ao aboamento de 600 euros, en concepto de honorarios do letrado da parte demandante.

Notifíquese a presente resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta Sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data da notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta Sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza, que se arquivará neste tribunal e incorpórese o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e a publicación».

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Alfre, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de maio de 2015

A secretaria xudicial