Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 21969

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO de notificación de resolución (RSU 4100/13 CG).

Tipo e número de recurso: recurso suplicación 4100/2013

Xulgado de orixe/autos: Seguridade Social 962/2012 Xulgado do Social número 5 de Vigo

Recorrente: Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo

Avogado: Luis Esteban Leyenda Martínez

Recorridos: Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Urbisega, S.L., Gheorge Dicu

Avogado/a: Servizo Xurídico Seguridade Social (provincial), Servizo Xurídico Seguridade Social (Provincial)

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4100/2013 desta sección, seguido por instancia da Mutua Gallega de Accidentes de Trabajo contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Construcciones Urbisega, S.L., Gheorge Dicu sobre accidente de grao, foi ditada a resolución que, copiada nos particulares necesarios, di:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto pola mutua colaboradora da Seguridade Social Mutua Gallega contra a sentenza do 15 de xullo de 2013 do Xulgado do Social número 5 de Vigo, ditada en xuízo seguido por instancia da recorrente contra Gheorghe Dicu, a entidade mercantil Construcciones Urbisega, Sociedade Limitada, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Tesouraría Xeral da Seguridade Social, a Sala confírmaa integramente e, en legal consecuencia, condenamos a recorrente á perda de depósitos, consignacións e aseguramentos, e ás custas da suplicación, cuantificando en 600 euros os honorarios da letrada impugnante.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo dos dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35 seguida dos catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se houber cantidade de condena, deberá consignala na mesma conta, mais co código 80 en vez do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións” ou “Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++)».

E para que así conste, para os efectos da súa publicación no DOG, co fin de que sirva de notificación en forma a Construcciones Urbisega, S.L., actualmente en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en r/ Michelena, 11-4º, 36001 Pontevedra, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán nas dependencias do xulgado, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 8 de maio de 2015

A secretaria xudicial