Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 21977

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (341/2013).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 341/2013 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Milán Lafuente contra Cumbraos 2010, S.L., Fogasa, sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Resolución:

Que estimando integramente a demanda formulada por Óscar Milán Lafuente, que comparece asistido pola súa letrada Sra. Gómez Lozano, contra a empresa Cumbraos 2010, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma, e contra o Fogasa, que non comparece malia estar citado en legal forma, debo condenar e condeno a demandada a aboar ao demandante a suma de 746,60 euros, incrementada cos xuros moratorios pertinentes.

Así mesmo, debo absolver o Fogasa, sen prexuízo da súa responsabilidade subsidiaria respecto a tales cantidades nos termos establecidos no artigo 33 do ET.

Notifíquese esta sentenza ás partes e fágaselles saber que, en virtude do disposto no artigo 191.2.g) da Lei 36/2011, do 11 de outubro, reguladora da xurisdición social, non cabe recurso contra ela.

Así, por esta miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Publicación. A anterior resolución leuna e publicouna a xuíza que a autoriza, en audiencia pública, no lugar e na data nela indicados. Dou fe.

E para que sirva de notificación en legal forma a Cumbraos 2010, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia

Advírtese o destinatario de que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, agás no suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de abril de 2015

O secretario xudicial