Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 105 Venres, 5 de xuño de 2015 Páx. 21979

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (1374/2012).

Eu, Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 1374/2012 deste xulgado do social, seguido por instancia de Fundación Laboral de la Construcción contra Pinturas Lume, S.L. e o Fogasa, sobre ordinario, se ditou sentenza do 8 de maio de 2015 contra a cal se pode interpor recurso de suplicación no prazo de cinco días. Fáiselles saber que no dito órgano xudicial os interesados poderán ter coñecemento íntegro da resolución.

Para que sirva de notificación en legal forma a Pinturas Lume, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 12 de maio de 2015

O secretario xudicial