Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21599

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (ETX 323/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 323/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Francisco Javier Barreiro Fernández contra Juan Enrique Míguez Torres, Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), se ditou a seguinte resolución que deveu firme:

«Decreto 275/2015.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 23 de abril de 2015.

Antecedentes de feito:

Primeiro. Francisco Javier Barreiro Fernández presentou demanda de execución fronte a Juan Enrique Míguez Torres, Fondo de Garantía Salarial.

Segundo. Ditouse auto que despachaba execución en data 22 de xaneiro de 2015 por un total de 14.428,84 euros en concepto de principal [5.743,73 euros en concepto de indemnización + 6.158,86 euros en concepto de salarios e cantidades debidas (1.163,80 euros de mensualidade de novembro de 2012 + 1.109,16 euros de mensualidade de decembro de 2012 + 1.324,74 euros de paga extra de xullo de 2012 + 1.324,74 euros de paga extra de decembro de 2012 + 1.236,42 euros de liquidación de vacacións) + 2.526,25 euros en concepto de horas extras realizadas no ano 2012], máis outros 1.442,88 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Terceiro. De embargo de contas bancarias trabado non se obtivo ningún importe, polo que se deu audiencia ao executante e ao Fondo de Garantía Salarial tras o resultado negativo do resto de indagacións realizadas.

Fundamentos de dereito:

Único. Dispoñen os artigos 250 e 276 da LXS que, de non se ter coñecemento da existencia de bens suficientes do executado en que facer traba e embargo, se practicarán as indagacións procedentes e, de seren infrutuosas, total ou parcialmente, a secretaria xudicial da execución ditará decreto de insolvencia tras oír o Fondo de Garantía Salarial e a parte demandante.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar o executado Juan Enrique Miguez Torres (DNI 33277447-N) en situación de insolvencia total por importe de 14.428,84 euros en concepto de principal [5.743,73 euros en concepto de indemnización + 6.158,86 euros en concepto de salarios e cantidades debidas (1.163,80 euros de mensualidade de novembro de 2012 + 1.109,16 euros de mensualidade de decembro de 2012 + 1.324,74 euros de paga extra de xullo de 2012 + 1.324,74 euros de paga extra de decembro de 2012 + 1.236,42 euros de liquidación de vacacións) + 2.526,25 euros en concepto de horas extras realizadas no ano 2012], máis outros 1.442,88 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros que, se é o caso, se poidan devindicar durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa publicación no DOG.

Notifíqueselles ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial as partes ou interesados e, de ser o caso, os profesionais designados sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas mentres non sexan facilitados outros datos alternativos, e será carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión, que se deberá interpor ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta, con expresión da infracción cometida nela a xuízo do recorrente, artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros na conta número 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., e deberá indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación “recurso”, seguida do “31 Social-revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, con indicación no campo de observacións da data da resolución contra a que se recorre utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicia».

E para os efectos de dar a preceptiva publicidade á declaración de insolvencia do executado Juan Enrique Míguez Torres, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2015

A secretaria xudicial