Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21602

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela

EDICTO (18/2014).

Susana Varela Amboage, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 3 de Santiago de Compostela, fai saber que no procedemento ordinario 18/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Carmen Brea Dono contra Limco S. Coop. Gallega, Fogasa, Fondo de Garantía Salarial, sobre ordinario, se ditou sentenza número 151 cuxos encabezamento e resolución son do teor literal:

Sentenza.

Santiago de Compostela, 7 de maio de 2015.

Susana Villarino Moure, maxistrada xuíza do Xulgado do Social número tres de Santiago de Compostela, tendo visto os presentes autos número 18/2014, promovidos ante este xulgado do social sobre reclamación de cantidade, por instancia de María del Carmen Brea Dono, asistida e representada pola letrada Marisol Romero Salgado contra Limco S. Coop Gallega, que non comparece, tendo sido citado o Fogasa, que non comparece, pronunciou a seguinte sentenza.

(…)

Resolución.

Que debo estimar e estimo parcialmente a demanda presentada por María del Carmen Brea Dono contra Limco Sociedad Cooperativa Gallega e condeno a esta última a aboar á demandante 1.630,06 euros, importe respecto do cal devindicará o xuro do artigo 29.3 do ET a suma de 939,58 euros.

Notifíquese a presente resolución ás partes e fágaselles saber que contra ela non poden interpoñer recurso de suplicación por razón da contía.

Lévese o orixinal desta resolución ao libro de sentenzas e déixese testemuño nas actuacións.

Así o acordo, mando e asino.

A maxistrada xuíza.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Limco S. Coop. Gallega, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia e a súa publicación no taboleiro do xulgado.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 12 de maio de 2015

A secretaria xudicial