Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21598

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Lugo

EDICTO (302/2014).

Rafael González Alió, secretario xudicial do Xulgado do Social número 1 de Lugo, fago saber que no procedemento de seguridade social co 302/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Raúl Paz Fernández contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Mutua Asepeyo, Mutua Universal, Agro Páramo (Antonio Paz Fernández), Exclusivas Fernández (Julia Fernández Fernández), sobre seguridade social, por resolución desta data, ditada nos referidos autos, acordouse citar as empresas Agro Páramo (Antonio Paz Fernández) e a Exlusivas Fernández (Julia Fernández Fernández), en ignorado paradoiro, para que o día 22.6.2015, ás 10.15 horas, compareza na sala de audiencias deste xulgado, sita na rúa Armando Durán, número 1-4º, prevíndoos de que ao acto para o cal se citan deberán concorrer con todos os medios de proba de que intenten valerse, e que a falta de asistencia a este non suspenderá a súa celebración e que recaerá sobre eles o prexuízo que proceda en dereito.

Para que lles sirva de notificación en legal forma a Agro Páramo (Antonio Paz Fernández) e a Exclusivas Fernández (Julia Fernández Fernández), en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselles aos destinatarios que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Lugo, 19 de maio de 2015

O secretario xudicial