Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21597

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (608/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 608/2014 deste Xulgado do Social, seguido por instancia de Jesús Muiño Pereira contra Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou sentenza, cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato, que foi interposta por Jesús Muíño Pereira contra a empresa e, en consecuencia, debo declarar e declaro extinguida a relación laboral que vinculaba ao demandante coa empregadora a data da presente, condenando a Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. ao aboamento dunha indemnización de 28.814,35 euros.

Así mesmo, debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta polo demandante contra a mesma mercantil e, en consecuencia, debo condenar e condeno o demandado a que aboe o demandante a cantidade de 12. 873,42 euros reclamada en demanda. Coa intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma á empresa Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de maio de 2015

A secretaria xudicial