Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21596

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO de notificación de auto aclaración de sentenza (608/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fai saber que no procedemento despedimento/cesamentos en xeral 608/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Jesús Muíño Pereira contra Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., Fondo de Garantía Salarial sobre despedimento, se ditou auto de aclaración de sentenza cuxa parte dispositiva di:

Que procede a corrección do erro material e no feito probado primeiro debe constar como salario mensual a cantidade de 1.661,90 euros, no feito probado segundo, en base a este salario, debe rectificarse a cantidade indemnizatoria, sendo a correcta a cantidade de 35.010,69 euros e, na resolución, onde di: condeno a empresa ao aboamento dunha indemnización de 28.814,35 euros, debe dicir: ao aboamento dunha indemnización de 35.010,69 euros. Mantense íntegro o resto da resolución.

Esta resolución é firme e contra ela non cabe recurso.

Así o dispoño, mando e asino.

E para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., en ignorado paradoiro, expido el presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 12 de maio de 2015

A secretaria xudicial