Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21591

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 13 de Vigo

EDICTO (869/2014).

María de la Concepción Albés Blanco, secretaria xudicial do Xulgado de Primera Instancia número 13 de Vigo, fago saber que no presente procedemento de xuízo verbal seguido perante este xulgado baixo o número 869/2014, se ditou sentenza, cuxo encabezamento e decisión son do teor literal seguinte:

«Sentenza número 30/2015.

Maxistrada xuíza que a dita: Yolanda Rodríguez Sánchez.

Lugar: Vigo.

Data: 26 de febreiro de 2015.

Demandante: Gas Natural Servizos, SDG, S.A.

Avogado: Miguel Rodríguez-Vila García.

Procuradora: María del Carmen Molist García.

Demandado: Metbar Vigo 2007, S.L., en rebeldía procesual.

Procedemento: xuízo verbal 869/2014.

Decido estímase a demanda presentada pola procuradora Carmen Molist García, en nome e representación de Gas Natural Servicios SDG, S.A., contra a entidade Metbar Vigo 2007, S.L.

1º. Declárase a resolución do contrato de subministración de gas para o local sito na praza de Compostela, nº 29, baixo, local 1 (Vigo).

2º. Condénase o demandado a permitir a entrada no seu domicilio aos empregados da demandante, co fin de que estes tomen lectura do contador de gas instalado e procedan á privación da subministración mediante a desconexión e retirada do contador.

3º. Condénase a demandada ao aboamento da suma de 1.712,78 euros e a cantidade que resulte da facturación comprendida entre a última lectura facturada de 7.298 m3 de gas (factura con data de emisión 5.6.2013) e a lectura que resulte no momento da desconexión, ao prezo da tarifa contratada, cos xuros legais correspondentes.

Impóñense as custas á parte demandada.

Líbrese a correspondente certificación literal desta resolución, que quedará unida ao procedemento, levándose o orixinal ao libro da súa razón.

Contra esta resolución non cabe recurso ningún de conformidade co disposto no artigo 455.1 da LAC (Lei 37/2001, do 10 de outubro, de medidas de axilización procesual).

Así, por esta a miña sentenza, o pronuncio, o mando e o asino».

E encontrándose o devandito demandado, Metbar Vigo 2007, S.L., en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Vigo, 26 de febreiro de 2015

A secretaria xudicial