Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21593

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa

EDICTO (168/2014).

Divorcio contencioso 168/2014

Demandante: Nidia Pérez Pérez

Procuradora: Elena Montans Argüello

Avogado: José Fernández Iglesias

Demandado: El Mofadal Abderrahman

Raquel Romero Iglesias, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa, por medio do presente,

Anuncio:

Neste procedemento de divorcio contencioso 168/2014, seguido por instancia de Nidia Pérez Pérez fronte a El Mofadal Abderrahman, ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Vistos por min, Elena Isabel Moreira Lantes, xuíza con destino no Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 3 de Vilagarcía de Arousa e o seu partido, os autos de xuízo de divorcio, tramitados ante este xulgado co número 168/2014, promovidos pola procuradora Sra. Montáns Arguello, en nome e representación de Nidia Pérez Pérez contra El Mofadal Abderrahman, en situación de rebeldía procesual, en virtude das facultades que me confire a Constitución española e en nome da súa maxestade o Rei, ditou a seguinte

Sentenza 120/2014.

Vilagarcía de Arousa, 2 de outubro de 2014.

Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito.

Decisión:

Que estimando integramente a demanda interposta pola procuradora Sra. Montáns Arguello, debo declarar e declaro disolto por divorcio o matrimonio celebrado entre Nidia Pérez Pérez e El Mofadal Abderrahman, sen adoptar medidas definitivas.

Unha vez firme esta resolución, comuníqueselle ao Rexistro Civil de Vilagarcía de Arousa co fin de que se practique a correspondente inscrición marxinal no asento de inscrición do matrimonio.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes facéndolles saber que non é firme e que contra ela cabe recurso de apelación, que se interporá no prazo dos vinte días desde a súa notificación e que será resolto pola Audiencia Provincial de Pontevedra.

Lévese testemuño da presente resolución aos autos a que se refire e o orixinal ao libro de sentenzas que se leva neste xulgado.

Así, por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo.

A xuíza.

E encontrándose o dito demandado, El Mofadal Abderraman, en paradoiro descoñecido, expídese o presente co fin de que lle sirva de notificación en forma.

Vilagarcía de Arousa, 23 de abril de 2015

A secretaria xudicial