Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 102 Martes, 2 de xuño de 2015 Páx. 21589

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (2527/2013).

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento recurso de suplicación 2527/2013 seguido por instancia de Constantino López Arias contra o Instituto Nacional da Seguridade Social, Tesouraría Xeral da Seguridade Social, Mutua Fremap, Prefabricados Castelo, S.A. sobre accidente de grao, se ditou con data 14 de abril de 2015 a seguinte resolución que, copiada nos particulares necesarios, di así:

«Decidimos: desestimando o recurso de suplicación interposto por Constantino López Arias contra a sentenza do Xulgado do Social número 2 da Coruña, ditada en xuízo seguido por instancia do recorrente contra a Mutua Fremap, o Instituto Nacional da Seguridade Social e a Empresa Prefabricados Castelo, S.A., a sala a confirma integramente.

Notifíquese esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: faise saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que debe prepararse mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++)».

E para que así conste para os efectos da súa publicación o DOG, co fin de que sirva de notificación en legal forma a Prefabricados Castelo, S.A., en ignorado paradoiro, con último domicilio coñecido en parroquia de Lesa, 15136 Coirós, coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou se trate de emprazamento, expido e asino a presente.

A Coruña, 11 de maio de 2015

A secretaria xudicial