Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20928

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (875/2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 875/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de José Taibo Díaz, Abel Castiñeiras Iglesias contra Rocorelpi, S.L., sobre reclamación de cantidade, procedemento ordinario, se ditou sentenza cuxa decisión di:

«Que debo admitir e admito a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Taibo Díaz e Abel Castiñeiras Iglesias contra a entidade Rocorelpi, S.L. En consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Rocorelpi, S.L. a que lle aboe aos demandantes as seguintes cantidades:

– A José Taibo Díaz, a cantidade de 5.114,74 € brutos por salarios devindicados entre novembro de 2013 e febreiro de 2014, incluíndo a paga extra de setembro de 2013 e a cantidade de 4.070,84 € correspondentes á indemnización por despedimento obxectivo.

– A Abel Castiñeiras Iglesias, a cantidade de 4.618,43 € brutos por salarios devindicados entre novembro de 2013 e febreiro de 2014, incluíndo a paga extra de setembro de 2013, e a cantidade de 3.633,02 € correspondentes á indemnización por despedimento obxectivo.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a presente resolución ás partes, facéndolles saber o seu dereito a interpor contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Rocorelpi, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia».

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de maio de 2015

A secretaria xudicial