Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20927

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (860-2014).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento ordinario 860/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Nadia Rodríguez Canzobre contra a empresa Inés Arboleya Menéndez sobre procedemento ordinario, se ditou senteza, cuxa decisión di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Nadia Rodríguez Canzobre, contra a empresaria individual Inés Arboleya Menéndez, e en consecuencia, debo condenar e condeno a empresaria individual Inés Arboleya Menéndez, a que lle aboe á demandante a cantidade de 5.382,52 euros brutos por horas extras percibidas entre xullo de 2013 e xuño de 2014, e 3.864,06 euros brutos por diferenzas salariais entre xullo de 2013 e xuño de 2014, incrementadas no xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal poderán anunciar por comparecencia ou por escrito ante este xulgado no prazo de cinco días a partir da súa notificación.

E para que sirva de notificación en legal forma a Inés Arboleya Menéndez, CIF 10570157-R, en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 8 de maio de 2015

A secretaria xudicial