Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20925

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 2 da Coruña

EDICTO (1385/2012).

María Adelaida Egurbide Margañón, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 2 da Coruña, fago saber:

Que no procedemento ordinario 1385/2012 deste xulgado do social, seguidos por instancia de Fundación Laboral da Construción contra a empresa Nostian, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa), sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución, cuxa parte dispositiva se achega:

«Antecedentes de feito:

Único. Que a representación da entidade demandante presentou escrito de aclaración-rectificación de erro fronte á sentenza con data do 18.9.2014, pasando os autos a SSª para acordar o procedente.

Fundamentos de dereito:

Primeiro. O artigo 267 da LOPX permite aos órganos xudicial aclarar algún concepto escuro, suplir calquera omisión ou corrixir algún erro material declarado nas súas resolucións pero sen chegar a alteralas, en aplicación do principio de inmodificabilidade do substancial das resolucións xudiciais, integrante do dereito á tutela xudicial efectiva. O Tribunal constitucional veu establecendo que a vía do artigo 267 da LOPX non pode utilizarse como remedio da falta de fundamentación da resolución aclarada (STC 138/85), nin para corrixir erros xudiciais de cualificación xurídica (SSTC 119/88 e 16/91). Non obstante, o Tribunal Supremo vén admitindo a admisión da aclaración cando o erro material consistente en mero desaxuste ou contradición patente e independente de calquera xuízo de valor ou apreciación xurídica entre a doutrina establecida nos fundamentos xurídicos e a decisión da resolución xudicial, o que supón non descartar esta vía se se mostra evidente, por deducirse do propio texto da sentenza, sen necesidade de hipótese, deducións ou interpretacións, que o órgano xudicial simplemente se equivocou ao trasladar o resultado da fundamentación xurídica á decisión.

Segundo. Sentado o anterior, procede rectificar o simple erro material sufrida na decisión da sentenza posto que, por erro, se indica que a demanda se dirixe fronte á entidade Inversora Obelisco, S.A., cando en realidade o é a empresa Nostian, S.L., tal e como se deduce do propio encabezamento da sentenza e da demanda.

Parte dispositiva:

Accédese á rectificación do erro material sufrida na decisión da sentenza, debendo recollerse na decisión que a entidade fronte á que se dirixe a demanda é Nostian, S.L. e non a entidade Inversora Obelisco, S.A.

Contra este auto non cabe recurso ningún salvo aquel que conforme a lei poida ser interposto contra a resolución que se pretende aclarar.

Así por este auto o acorda e asina o maxistrado xuíz deste xulgado.

Dilixencia. Seguidamente cúmprese o ordenado. Dou fe».

E para que sirva de notificación en legal forma a Nostian, S.L., en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de localización.

A Coruña, 7 de maio de 2015

Adelaida Egurbide Margañón
Secretaria xudicial