Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 99 Xoves, 28 de maio de 2015 Páx. 20923

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (744/2014).

Sarai Pañiagua Acera, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que neste xulgado se tramitan autos arriba referenciados nos que se ditou a seguinte:

Sentenza número 54.

Vigo, 30 de xaneiro de 2015.

Teresa A. Fernández Molinos, xuíza de reforzo dos xulgados de primeira instancia número 5 e número 12 de Vigo e do seu partido xudicial, vistos e oídos os autos do procedemento de divorcio número 744/2014, seguidos por instancia de Ángel Luis Abalde Alonso, representado procesualmente pola procuradora Sra. Lorenzo Zarandona e asistido do letrado Sr. Míguez Novoa, fronte a Edna Fekolli, en situación de rebeldía procesual.

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Decido que estimando a demanda de divorcio interposta pola procuradora Sra. Lorenzo Zarandona, en nome e representación de Ángel Luis Abalde Alonso, fronte a Edna Fekolli, en situación de rebeldía procesual, procede decretar a disolución por divorcio do matrimonio contraído por ambos os dous litigantes o dia 14 de febreiro de 2011 en Pogradec, Albania, inscrito ao tomo 2.230, páxina 296, da sección segunda do Rexistro Civil Central de Madrid.

Firme que sexa esta resolución, expídase testemuño desta ao encargado do Rexistro Civil Central de Madrid co fin de que practique as oportunas anotacións. Non procede efectuar especial pronunciamento sobre as custas causadas neste procedemento.

Notifíquese a presente resolución ás partes, con apercibimento de que esta non é firme e contra ela cabe interpoñer recurso de apelación, nos prazos e termos previstos nos artigos 458 e seguintes da Lei de axuizamento civil, para a súa resolución pola Audiencia Provincial de Pontevedra, logo de consignación do depósito previsto na disposición adicional décimo quinta a da Lei orgánica do poder xudicial.

Así, por esta miña sentenza, da que se unirá certificación aos autos da súa razón, e definitivamente xulgando nesta instancia, o pronuncio, mando e asino.

Así mesmo ditouse auto aclaratorio de data dezasete de febreiro de dous mil quince na que logo de seguir os feitos e razoamentos xurídicos na parte dispositiva di:

Ratifícase a sentenza de data 10 de xaneiro de 2015 e onde di: «Edna Fekolli»; debe dicir: «El Da Fekolli», manténdose o resto dos pronunciamentos contidos na resolución que se aclara.

E encontrándose a devandita demandada El Da Fekilli, en paradoiro descoñecido, expídese o presente edicto co fin de que sirva de notificación en forma a esta.

Vigo, 16 de abril de 2015

A secretaria xudicial