Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20745

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 3 da Coruña

EDICTO (908/2014).

Juan Rey Pita, secretario xudicial do Xulgado do Social número 3 da Coruña, fai saber que no procedemento de despedimento obxectivo individual 908/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de María Paloma Campos Álvarez contra Multijoyerías Merci, S.L., Fogasa sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

«Decido:

Primeiro. Que debo estimar e estimo a demanda sobre despedimento formulada por María Paloma Campos Álvarez, que comparece asistida do seu letrado Sr. Pedreira Andal, contra a empresa Multijoyerías Merci, S.L., que non comparece malia estar citada en legal forma e o Fogasa, que non comparece ao acto do xuízo, declarando a improcedencia do despedimento con condena da empresa indicada a que readmita inmediatamente a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de se producir o despedimento, ou ben, á elección da empresa, á extinción da relación laboral con aboamento da indemnización detallada no número segundo desta decisión. Todo isto con aboamento, no caso de opción pola readmisión, dos salarios de tramitación que non percibise ata a data da notificación da presente sentenza.

Esta opción deberá exercerse en cinco días a partir da notificación desta sentenza, mediante escrito ou comparecencia perante este xulgado. Transcorrido este prazo, sen que se optase, entenderase que procede a readmisión.

Segundo. A indemnización e os salarios de tramitación que debe aboar a empresa demandada Multijoyerías Merci, S.L., segundo o disposto no número anterior:

En concepto de indemnización, e de optar a empresa por ela: 33.832,95 euros.

En concepto de salarios de trámite, para o caso de opción pola readmisión, os deixados de percibir desde a data do despedimento e ata a presente sentenza, calculados a razón de 47,99 euros/día.

Notifíqueselles esta sentenza ás partes e advírtaselles que contra ela poderán interpoñer recurso de suplicación perante o Tribunal Superior de Xustiza que deberá ser anunciado por comparecencia, ou mediante escrito neste xulgado dentro dos cinco días seguintes ao da notificación desta sentenza, pasados os cales se declarará firme e se procederá ao seu arquivamento.

Así por esta a miña sentenza, definitivamente xulgando en primeira instancia, pronúncioo, mándoo e asínoo, Montserrat Matos Salgado, maxistrada xuíza substituta do Xulgado do Social número 3 da Coruña.

Publicación. A anterior resolución foi lida e publicada pola xuíza que a autoriza, en audiencia pública, lugar e data nela indicados. Dou fe».

Para que sirva de notificación en legal forma a Multijoyerías Merci, S.L., expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 6 de maio de 2015

O secretario xudicial