Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20747

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (21/2013).

Eu, Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 21/2013 por instancia de Cristina Abelenda Garrido e Sonia Yáñez Burón contra a empresa Sacsac’s, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza con data do 4 de abril de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estimo integramente a demanda formulada por Cristina Abelenda Garrido e Sonia Yáñez Burón contra a empresa Sacsac’s, S.L. e, en consecuencia, condeno a empresa Sacsac’s, S.L. a aboar as seguintes cantidades:

A Cristina Abelenda Garrido a cantidade de tres mil setecentos setenta e oito euros con vinte e catro céntimos (3.778,24 €). Os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

A Sonia Yáñez Burón a cantidade de catro mil trescentos vinte e un euros con noventa e nove céntimos (4.321,99 €). Os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do Estatuto do traballadores.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución cabe recurso de suplicación ante o Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, o cal se deberá anunciar neste xulgado no prazo dos cinco días seguintes ao da notificación desta resolución; abondará a manifestación da parte ou do seu avogado, graduado social colexiado ou representante dentro do indicado prazo.

Se o recorrente non goza do beneficio de xustiza gratuíta deberá, ao tempo de anunciar o recurso, ter consignado a cantidade obxecto de condena, así como o depósito de 300 euros na conta de depósitos e consignacións que ten aberta este xulgado, e fará constar no ingreso o número de procedemento.

Así o acorda, manda e asina María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Sacsac’s, S.L., expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de maio de 2015

A secretaria xudicial