Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20749

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (17/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos 17/2013 por instancia de Tobías García García contra Daniel Tizón Rodríguez e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales recaeu sentenza con data do 4 de maio de 2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolvo:

Estimo a demanda formulada por Tobías García García contra Daniel Tizón Rodríguez e, en consecuencia, condeno a Daniel Tizón Rodríguez a aboarlle ao demandante a cantidade de dous mil trinta e cinco euros con tres céntimos (2.035,03 euros). Os conceptos salariais devindicarán os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíqueselles a resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma a Daniel Tizón Rodríguez, expido e asino este edicto.

A Coruña, 5 de maio de 2015

A secretaria xudicial