Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20750

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (840/2012).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dá fe e certifica que neste xulgado se seguen autos número 840/2012 por instancia de José Luis Vaamonde González contra Pazo de Rilo, S.L. e o Fondo de Garantía Salarial sobre reclamación de cantidade, nos cales recaeu sentenza o 4.5.2015, que copiada nos particulares necesarios di así:

Decido que debo estimar e estimo parcialmente a demanda que en materia de cantidade foi interposta por José Luis Vaamonde González contra a entidade Pazo de Rilo S.L., e en consecuencia, debo condenar e condeno a Pazo de Rilo, S.L., a que lle aboe ao demandante a cantidade de 929,69 euros, devindicando os conceptos salariais os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do ET.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así, por esta miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

Para que conste, para efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Pazo de Rilo, S.L., expido e asino o presente edicto.

A Coruña, 6 de maio de 2015

A secretaria xudicial