Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20751

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (214/2014).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 214/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Óscar Jesús Selas Suárez contra Int Maderas Santiaguesa, S.L., Fondo de Garantía Salarial (Fogasa) sobre despedimento, se ditou a seguinte resolución:

Parte dispositiva.

Debo declarar e declaro extinguida a relación laboral existente entre Óscar Jesús Selas Suárez e a mercantil Internacional de Maderas Santiaguesa, S.L. a día de hoxe (11.3.2015) e, así mesmo, condeno a mercantil Internacional de Maderas Santiaguesa, S.L. a aboar ao demandante a cantidade de 24.175,22 euros en concepto de indemnización por despedimento, así como os salarios de tramitación devindicados desde a data do despedimento (31.5.2013) ata a presente resolución, a razón de 45,04 euros diarios.

Notifíquese ás partes e o Fogasa a presente resolución facéndolles saber que contra esta poden interpoñer recurso de reposición no prazo de tres días contados desde o seguinte ao da súa notificación.

Así o acordo, mando e asino, Mª del Carmen Barcala Barreiro, xuíza maxistrada substituta do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela.

E, para que sirva de notificación en legal forma a Internacional de Maderas Santiaguesa, en ignorado paradoiro, expido este para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2015

A secretaria xudicial