Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20752

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO de notificación de resolución (ETX 53/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 53/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Adrián Romero González contra Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Viproga, S.A. sobre ordinario, foi ditada a seguinte resolución:

«Decreto núm. 309/2015.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela o seis de maio de dous mil quince.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Adrián Romero González presentou solicitude de execución de título xudicial contra Fogasa (Fondo de Garantía Salarial), Viproga, S.A. e, atendendo a devandita solicitude, con data do 1 de abril de 2015, este órgano xudicial ditou auto de despacho de orde xeral de execución pola cantidade de 3.075,31 euros de principal (pagas extras, vacacións e outras retribucións) máis outros 307,53 euros en concepto provisorio de xuros que, se for o caso, poidan producirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada, Viproga, S.A., realizada por decreto do 26 de xuño de 2012, ditado por este órgano xudicial no procedemento EXE 321/2009.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LXS, foi ditado en data 1 de abril de 2015 decreto, en que se daba audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, se for o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que, declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, isto será base suficiente para estimar a súa pervivencia noutras execucións, polo que se pode ditar o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, dando audiencia previa á parte demandante e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria, cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñecer novos bens daquela sobre os cales facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS, declarar a insolvencia total, que se deberá entender provisoria para todos os efectos, até se coñeceren novos bens do executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva.

Acordo:

a) Declarar o executado Viproga, S.A. en situación de insolvencia total polo importe de 3.075,31 euros de principal (pagas extras, vacacións e outras retribucións) máis outros 307,53 euros en concepto provisorio de xuros que, se é o caso, poidan producirse durante a execución, e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisoria.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reabrir a execución se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez firme a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes e fágaselles saber que en aplicación do mandado contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se for o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas en canto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que deberá interporse ante quen dita a resolución no prazo dos tres días hábiles seguintes á notificación, con expresión da infracción cometida a xuízo do recorrente artigo 188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 0049 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A., debendo indicar no campo concepto “recurso”, seguido do código “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se o ingreso se fixer mediante transferencia bancaria, deberá incluír despois da conta referida, separados por un espazo, a indicación “recurso” seguida de “31 Social-Revisión de resolucións secretario xudicial”. Se efectuar diversos pagamentos na mesma conta, deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase, indicando no campo de observacións a data da resolución impugnada co formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial».

E para que sirva de notificación en legal forma a Viproga, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2015

A secretaria xudicial