Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 98 Mércores, 27 de maio de 2015 Páx. 20755

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (45/2015).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela, fago saber que no procedemento de execución de títulos xudiciais 45/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Santiago David Castiñeiras Liste contra Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial sobre ordinario, se ditou a seguinte resolución:

Decreto 305/2015.

Secretaria xudicial: María Teresa Vázquez Abades.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2015.

Antecedentes de feito.

Primeiro. Por parte de Santiago David Castiñeiras Liste presentou solicitude de execución de título xudicial fronte a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., Fogasa, Fondo de Garantía Salarial e, atendendo á devandita solicitude, con data do 1 de abril de 2015, este órgano xudicial ditou auto mediante o que se despacha orde xeral de execución pola cantidade de 17.398,40 euros de principal (13.257,65 euros en concepto de salarios, diferenzas salariais, indemnización e vacacións + 4.140,75 euros de xuros do artigo 29.3 do Estatuto dos traballadores) máis outros 1.739,84 euros en concepto provisional de xuros que, se é o caso, se poidan percibirdurante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación.

Segundo. Consta nas actuacións a declaración previa de insolvencia da parte aquí executada Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., realizada por Decreto de data do 19 de xuño de 2013, ditado por este órgano xudicial no procedemento ETJ 184/2012.

Terceiro. Para cumprir o requisito que se contén no artigo 276.3 da LJS, ditouse con data do 1 de abril de 2015 decreto dando audiencia previa á parte actora e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalasen, se é o caso, a existencia de novos bens co resultado que consta en autos.

Fundamentos de dereito.

Primeiro. Dispón o artigo 276.3 da LXS que declarada xudicialmente a insolvencia dunha empresa, iso será base abondo para estimar a súa pervivencia noutras execucións, podendo ditarse o decreto de insolvencia sen necesidade de reiterar as indagacións de bens do artigo 250 desta lei, debendo darse audiencia previa á parte actora e ao Fondo de Garantía Salarial para que sinalen a existencia de novos bens.

Segundo. Na presente executoria, cumpríronse os requisitos e trámites de indagación de bens establecidos nos artigos 250 e 276 da LXS, que supón concluír respecto da executada a pervivencia da situación de insolvencia ao non se coñecer novos bens daquela sobre os que facer efectivas as actividades de execución, polo que procede, cumprindo o efecto previsto no artigo 276.2 da LXS declarar a insolvencia total, que haberá de entenderse provisional para todos os efectos, ata que se coñezan novos bens ao executado.

Vistos os preceptos legais citados e demais de xeral e pertinente aplicación,

Parte dispositiva:

Acordo:

a) Declarar ao executado Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L. en situación de insolvencia total por importe de 17.398,40 euros de principal (13.257,65 euros en concepto de salarios, diferenzas salariais, indemnización e vacacións + 4.140,75 euros de xuros do artigo 29.3 do ET) máis outros 1.739,84 euros en concepto provisional de xuros que, se é o caso, poidan percibirse durante a execución e as custas desta, sen prexuízo da súa posterior liquidación, insolvencia que se entenderá para todos os efectos como provisional.

b) Arquivar as actuacións logo de anotación no libro correspondente, sen prexuízo de reaperturar a execución, se a partir deste momento se coñecen novos bens do executado.

c) Unha vez asine a presente resolución, procédase á súa inscrición no rexistro correspondente.

Notifíquese ás partes, facéndolles saber que, en aplicación do mandato contido no artigo 53.2 da LXS, no primeiro escrito ou comparecencia ante o órgano xudicial, as partes ou interesados e, se é o caso, os profesionais designados, sinalarán un domicilio e datos completos para a práctica de actos de comunicación. O domicilio e os datos de localización facilitados con tal fin, producirán plenos efectos e as notificacións neles intentadas sen efecto serán válidas ata tanto non sexan facilitados outros datos alternativos, sendo carga procesual das partes e dos seus representantes mantelos actualizados. Así mesmo, deberán comunicar os cambios relativos ao seu número de teléfono, fax, enderezo electrónico ou similares, sempre que estes últimos estean a ser utilizados como instrumentos de comunicación co tribunal.

Modo de impugnación: contra a presente resolución cabe recurso directo de revisión que se deberá interpoñer ante quen dita a resolución no prazo de tres días hábiles seguintes á notificación desta con expresión da infracción cometida nesta a xuízo do recorrente, artigo188 da LXS. O recorrente que non teña a condición de traballador ou beneficiario de réxime público da Seguridade Social deberá facer un depósito para recorrer de 25 euros, na conta nº 49 3569 9200 0500 1274 no Banco Santander, S.A. debendo indicar no campo concepto, «recurso» seguida do código «31 social-revisión de resolucións secretario xudicial». Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria deberá incluír tras a conta referida, separados por un espazo coa indicación «recurso» seguida do «31 social-revisión de resolución, secretario xudicial». Se efectuase diversos pagamentos na mesma conta deberá especificar un ingreso por cada concepto, mesmo se obedecen a outros recursos da mesma ou distinta clase indicando no campo de observacións a data da resolución recorrida utilizando o formato dd/mm/aaaa. Quedan exentos do seu aboamento, en todo caso, o Ministerio Fiscal, o Estado, as comunidades autónomas, as entidades locais e os organismos autónomos dependentes deles.

A secretaria xudicial.

E para que sirva de notificación en legal forma a Xanela Arquitectura en Aluminio, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Santiago de Compostela, 6 de maio de 2015

A secretaria xudicial