Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20602

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (3499/2013).

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 632/2011 Xulgado do Social número 3 de Pontevedra

Recorrente: José Manuel Loureiro López e outra

Avogada: María Ruth Varela Gil

Recorrido: Fogasa

Recorrida: administración concursal de Muebles Carballo

Recorrida: Muebles Carballo, S.A.

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 3499/2013 desta sección, seguido por instancia de José Manuel Loureiro López e Lourdes Fernández Daponte contra Fogasa, administración concursal de Muebles Carballo e Muebles Carballo, S.A., sobre reclamación de cantidade, se ditou resolución cuxa parte dispositiva é do teor literal que segue:

«Que, estimando o recurso de suplicación interposto polos demandantes José Manuel Loureiro López e Lourdes Fernández Daponte, debemos revogar e revogamos a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 3 de Pontevedra nestes autos tramitados por instancia dos recorrentes contra a empresa Muebles Carballo, S.L., declarada en concurso, e o Fondo de Garantía Salarial (Fogasa). En consecuencia, estimamos parcialmente a demanda interposta polos demandantes e condenamos o Fogasa a que lles aboe as seguintes cantidades: a José Manuel Loureiro 5.064,68 €, que non lle foron aboados, e a Lourdes Fernández 5.318,14 €. Desestimamos a demanda no restante pedido e absolvemos libremente a codemandada Muebles Carballo, S.L., coa intervención da súa administración concursal.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Muebles Carballo, S.A., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo no suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de abril de 2015

A secretaria xudicial