Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20600

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 308/2015-BPB).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 308 /2015

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamento en xeral 342/2013 Xulgado do Social número 2 de Ourense

Recorrente: Colegio Concepción Arenal, S.C.G.

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo (fax: 988 21 42 97)

Recorrente: Silvia Faria Garabatos

Avogado: José Antonio Pérez Fernández (fax: 988 21 08 54)

Recorrida: Consellería de Educación e Ordenación Universitaria

Avogado: letrado Comunidad-Serv. Provincial

Recorrido: Rubén de Martín Díaz

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo (fax: 988 21 42 97)

Recorrida: Martínez Randulfe, S.L. (BOP)

Recorrido: Colegio Martínez Randulfe (BOP)

Recorrida: Rosa María Perez Cid

Avogado: Antonio Valencia Fidalgo (fax: 988 21 42 97)

Recorrido: Ministerio Fiscal

Eu, M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da sección primeira da sala segunda do social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso suplicación 308/2015 desta sección, seguido por instancia do Colexio Concepción Arenal, S.C.G. e Silvia Faria Garabatos contra a Consellería de Educación e Ordenación Universitaria e outros, sobre despedimento disciplinario, se ditou resolución, cuxa parte dispositiva é a seguinte:

«Que desestimando o recurso interposto pola empresa e estimando o recurso interposto pola traballadora debemos estimar parcialmente a demanda reitora de autos declarando o despedimento nulo e condenando a empresa Colexio Concepción Arenal, S.C.G. a que readmita a demandante no mesmo posto de traballo e condicións que rexían antes do despedimento con aboamento dos salarios de tramitación deixados de percibir desde a data do despedimento ata a data da readmisión e aboando, así mesmo, en concepto de indemnización por danos morais o importe de 6.000 euros. Impóñense as custas do recurso da empresa a esta que comprenderán os honorarios do letrado impugnante por importe de 200 euros.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina que se debe preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tiver a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 35 seguida de catro díxitos correspondentes ao nº do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou Concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta nosa a sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que sirva de notificación en legal forma ao Colexio Martínez Randulfe, S.L. e á entidade Martínez Randulfe, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de abril de 2015

A secretaria xudicial