Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 97 Martes, 26 de maio de 2015 Páx. 20604

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social, Sección Primeira)

EDICTO (RSU 4078/2014).

M. Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección primeira da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 4078/2014 desta sección, seguido por instancia de María Montserrat Painceira Mouzo contra as entidades Oxem Sports, S.L. e Xemade Sociedade Cooperativa Galega, sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

«Aclarar e rectificar o parágrafo terceiro do fundamento xurídico segundo, número 3, da Sentenza do 4 de marzo de 2015, ditada por esta sala no presente recurso de suplicación número 4078/2014, no sentido de fixar como cantidade que se deberá aboar en concepto de indemnización a de 8.726,90 euros.

E aclarar e rectificar a parte dispositiva da sentenza, que quedará redactada na forma seguinte:

Decidimos que estimando o recurso de suplicación interposto pola demandante María Montserrat Painceira Mouzo contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 2 de Ferrol, nos presentes autos sobre despedimento, debemos revogar e revogamos a dita sentenza e, con estimación parcial da demanda interposta pola referida demandante, debemos declarar e declaramos a improcedencia do seu despedimento e, en consecuencia, condenamos a empresa codemandada Xemade Sociedade Cooperativa Galega a que no prazo de cinco días desde a notificación desta sentenza opte: entre readmitir a traballadora nas mesmas condicións que rexían antes de producirse o seu despedimento, con aboamento neste caso dos salarios de tramitación desde a data do despedimento e ata a notificación da presente sentenza a razón do salario diario de 34,20 euros, ou ben a satisfacerlle a cantidade de 8.726,90 euros en concepto de indemnización, determinando esta opción a extinción do contrato de traballo, que se entenderá producida na data do cesamento efectivo no traballo. E desestimamos a demanda respecto da empresa tamén demandada Oxem Sports, S.L., á cal absolvemos libremente.

Fáiselles saber ás partes que contra esta resolución non cabe recurso ningún, sen prexuízo do recurso de casación para a unificación de doutrina contra a sentenza definitiva, que poderán preparar por escrito ante esta Sala do Social dentro dos dez días seguintes á notificación deste auto, de acordo co disposto nos artigos 219 e seguintes da Lei de procedemento laboral. Expídase certificación da presente resolución para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal, en unión da sentenza, ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por este o noso auto, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo.»

E para que sirva de notificación en legal forma á entidade Oxem Sports, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que sexan autos ou sentenzas, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 27 de abril de 2015

A secretaria xudicial