Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20078

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 5 da Coruña

EDICTO (158/2015).

María Jesús Hernando Arenas, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 5 da Coruña, fago saber que no procedemento de despedimento/cesamentos en xeral 158/2015 deste xulgado do social, seguido por instancia de Ramón Felípez Regueira contra Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., o Fondo de Garantía Salarial e o administrador concursal de Montajes Eléctricos García Bouzas, S.L., sobre despedimento, ditouse sentenza, cuxa resolución di:

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de resolución de contrato e despedimento foi interposta por Ramón Felípez Regueira, contra a entidade Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo declarar e declaro improcedente o despedimento de que foi obxecto o 30 de decembro de 2014, e ademais extinguida a relación laboral que vinculaba a Ramón Felípez Regueira, coa entidade Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., no día de hoxe (27 de abril de 2015), e condeno a entidade Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. ao aboamento dunha indemnización a razón de 8.217,39 euros.

Que debo estimar e estimo a demanda que en materia de cantidade foi interposta por Ramón Felípez Regueira, contra a entidade Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. e a súa administración concursal e, en consecuencia, debo condenar e condeno a entidade Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A. a que aboe á demandante a cantidade de 21.339,77 euros brutos por salarios devindicados entre decembro de 2013 e decembro de 2014, ambos os dous incluídos, así como o xuro do 10 % por demora e aplicable aos conceptos salariais.

Coa intervención procesual do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber o seu dereito a interpoñer contra esta recurso de suplicación ante a Sala do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

En todo caso, o recorrente deberá designar letrado para a tramitación do recurso no momento de anuncialo.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a Montajes Eléctricos García Bouzas, S.A., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Boletín Oficial da provincia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 30 de abril de 2015

A secretaria xudicial