Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20077

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 da Coruña

EDICTO (249/2013).

Encarnación Mercedes Tubío Lariño, secretaria do Xulgado do Social número 4 da Coruña, dou fe e certifico que neste xulgado se seguen autos número 249/2013 por instancia de Jesús Vilar Mahia contra Tai Coruña, S.A. e o Fondo de Garantía Salarial, sobre cantidade, nos cales se ditou sentenza o 28.4.2015 que, copiada nos particulares necesarios, di así:

Resolución

Estimo integramente a demanda formulada por Jesús Vilar Mahia contra a empresa Tai Coruña, S.A. e, en consecuencia, condeno a empresa Tai Coruña, S.A. a aboar ao demandante a cantidade de dous mil douscentos setenta e dous euros con oitenta e nove céntimos (2.272,89 euros), devindicando os conceptos salariais os xuros moratorios previstos no artigo 29.3 do ET.

Con intervención do Fondo de Garantía Salarial.

Notifíquese a resolución ás partes.

Contra esta resolución non cabe recurso de suplicación.

Así o acorda, manda e asina, María Marta Guillemet García, xuíza por substitución do Xulgado do Social número 4 da Coruña.

E para que conste, para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que sirva de notificación en forma á empresa Tai Coruña, S.A., expido e asino a presente.

A Coruña, 29 de abril de 2015

A secretaria xudicial