Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20076

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo

EDICTO (213/2014).

Sarai Paniagua Acera, secretaria do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo, certifico que no presente procedemento de divorcio se ditou a seguinte sentenza do teor literal seguinte:

«Vigo, 28 de abril de 2015.

María del Carmen Salvador Mateos, maxistrada xuíza titular do Xulgado de Primeira Instancia número 5 de Vigo e o seu partido, viu os autos seguidos neste xulgado baixo o número 213/2014 sobre disolución do matrimonio por divorcio, en que actúa como demandante Isabel Folgar Cestero, representada pola procuradora dos tribunais María Nieves Fuertes Ugidos e con asistencia letrada de Manuel Ángel García Álvarez, contra Gortil Diop, declarado en situación de rebeldía procesual, sobre a base dos seguintes:

(Seguen antecedentes de feito e fundamentos de dereito).

Resolución.

Na demanda interposta pola procuradora dos tribunais Sra. Fuertes Ugidos, en nome e representación de Isabel Folgar Cestero, contra Gortil Diop, declarado en situación de rebeldía, estimo esta e declaro disolto, por divorcio, o matrimonio formado os referidos cónxuxes, con todos os efectos legais inherentes á devandita declaración.

Non se fai unha especial imposición en canto ás custas.

Firme que sexa esta resolución, comuníquese ao rexistro civil onde consta a inscrición do matrimonio, co fin de que se proceda á súa anotación marxinal, e déixese constancia de tal circunstancia nos autos.

Modo de impugnación: recurso de apelación no prazo de vinte (20) días, desde a notificación desta resolución, ante a Audiencia Provincial».

E para que conste e sirva de notificación a Gortil Diop, en paradoiro descoñecido, expido e asino este edicto.

Vigo, 30 de abril de 2015

A secretaria xudicial