Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20080

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 4 de Pontevedra

EDICTO (469/2014).

Mariña García de Evan, secretaria xudicial do Xulgado do Social número 4 de Pontevedra, fago saber que no procedemento de mobilidade xeográfica 469/2014 deste xulgado do social, seguido por instancia de Isabel Martínez Martínez contra a empresa NCG Banco, S.A., o Ministerio Fiscal (Fiscalía de Pontevedra), Luis Mariño Tarrío, José Luis Regueiro Vázquez, Ana Bugarín González, Enrique Ordiales Rosado, Isabel Lluis García, Juan José Bodega Falque, Francisco Carlos Peso Lombos, Luis Paz Gómez, Jesús Díaz Fernández, José Ramón de Pliego-Vlades González, María Ramona Pita Tenreiro, José Carlos Paz Sánchez, sobre mobilidade xeográfica e funcional, ditouse a seguinte sentenza cuxa resolución é a que segue:

Desestimando a demanda interposta por Isabel Martínez Martínez fronte á empresa NCG Banco, S.A. (Abanca) e os representantes dos traballadores Luis Mariño Tarrío, José Luis Regueiro Vázquez, Ana Bugarín González, Enrique Ordiales Rosado, Isabel Lluis García, Juan José Bodega Falque, Francisco Carlos Peso Lombos, Luis Paz Gómez, Jesús Díaz Fernández, José Ramón de Pliego-Vlades González, María Ramona Pita Tenreiro e José Carlos Paz Sánchez, absolvo os demandados das pretensións exercidas na súa contra.

Contra a presente resolución non cabe interpoñer recurso ningún.

Así, por esta sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E para que sirva de notificación en legal forma a José Carlos Paz Sánchez, en ignorado paradoiro, expido a presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírtese ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

Pontevedra, 28 de abril de 2015

A secretaria xudicial