Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 94 Xoves, 21 de maio de 2015 Páx. 20081

V. Administración de xustiza

Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela

EDICTO (234/2011).

María Teresa Vázquez Abades, secretaria do Xulgado do Social número 1 de Santiago de Compostela (A Coruña),

Fai saber:

Que en virtude do acordado en execución de títulos xudiciais 234/2011, por instancia de María Rozas Rozas contra Puertas y Molduras Galicia, S.L., Portalko, Portais Especiais e Portas, S.L., Códiga Suministros Industriais da Construcción, S.L.N.E., por un principal pola cantidade de 7.863,31 euros [5.995,63 € +1.867,68 € de xuro de mora salarial (10 % de 5.995,63 € desde data de acta de conciliación SMAC, 12.8.2011, ata data sentenza, 23.9.2014, 1.138 días, máis outros 786,33 euros que se fixan provisionalmente en concepto de xuros e a cantidade de 1.128,48 euros de liquidación de xuros e a 362,17 euros de taxación de custas, se acordou por resolución do día da data sacar a pública poxa durante o prazo de vinte días os bens embargados á parte executada Portalko, Portais Especiales e Portas, S.L., con CIF B70064068, que despois se indicará, e sinalar para a realización da poxa o día 1 de xuño de 2015, ás 10.30 horas, na planta primeira da oficina xudicial deste xulgado, sito na rúa Berlín, s/n, Polígono das Fontiñas, desta cidade de Santiago de Compostela, que se rexerá polas seguintes condicións:

A) Que os licitadores, con excepción do executante, para tomar parte na poxa deberán presentar xustificante acreditativo de ter depositado, na conta de depósitos e consignacións deste órgano xudicial, número de conta IBAN ES55 0049 3569 9200 05001274 (nº de expediente xudicial 1589 0000 64 0234 11) no Banco de Santander, o 5 %, do valor do predio para os efectos de poxa. As cantidades devolveranse, unha vez aprobado o remate, a aqueles que participen na poxa, agás ao mellor ofertante, salvo que soliciten o seu mantemento á disposición do xulgado para o caso en que o rematante non consignar o resto do prezo. Así mesmo, deberá consignar no dito xustificante se, se é o caso, recibiu en todo ou en parte cantidades dun terceiro, identificándoo adecuadamente.

B) Que poderán facerse ofertas por escrito en sobre pechado, desde o anuncio da poxa ata a súa realización, e farase o depósito a que se fixo mención anteriormente, cuxos sobres serán abertos no inicio da poxa, e producirán os mesmos efectos que as que se realicen oralmente.

C) O executante só poderá tomar parte na poxa cando existan licitadores, e poderá mellorar as ofertas que se fixeren, sen necesidade de consignar ningunha cantidade.

D) Que poderán facerse ofertas superiores ao 70 % do valor do predio para os efectos de poxa, pero ofrecendo pagar a prazos con garantías suficientes, bancarias ou hipotecarias, do prezo do remate.

E) Para o caso de que se fagan ofertas que non superen polo menos o 50 % do valor de taxación ou, aínda sendo inferior, cubran, polo menos, a cantidade pola cal se despachou execución, incluíndo a previsión para xuros e custas, resolverase sobre a aprobación do remate á vista das circunstancias do caso.

F) Só a adquisición ou adxudicación practicada en favor dos executantes ou dos responsables legais solidarios ou subsidiarios se poderá efectuar en calidade de ceder a terceiro.

G) A certificación rexistral e, de ser o caso, a titulación do inmoble ou inmobles que se poxan estarán de manifesto na oficina xudicial.

H) Entenderase que todo licitador acepta como bastante a titulación existente ou que non existan títulos.

I) As cargas ou gravames anteriores, se os houber, ao crédito do demandante continuarán subsistentes e, polo só feito de participar na poxa, o licitador admíteos e queda subrogado na responsabilidade derivada daqueles, se o remate se adxudicar ao seu favor.

J) Non se pode facer constar a situación posesoria do inmoble.

K) O presente edicto está exposto no taboleiro de anuncios deste xulgado, outro publicarase no DOG, así como se fixará no Concello de Padrón, e exhorto ao Xulgado de Padrón, onde ten o seu domicilio a empresa executada, e no portal de poxas xudiciais e electrónicas existente e dependente do Ministerio de Xustiza.

O presente edicto servirá, ademais de para os efectos de publicación, de notificación e citación para todos os efectos ás partes.

Ben obxecto de poxa:

Predio número 9.247, no folio 20 de libro 109 de Padrón, tomo 482 do arquivo, inscrito no Rexistro da Propiedade de Padrón: rústica: predio cincocentos corenta da concentración parcelaria da zona de Santa María de Cruces, concello de Padrón. Terreo destinado a prado, pasteiro e labradío no sito de «Molladiño», cunha superficie de corenta e nove áreas e setenta centiáreas, que linda: norte, camiño de concentración; sur, Manuela Trigo Díaz -541-; leste, Ramona Mariño Adanza -539-; e oeste, terreo excluído correspondente á antiga estrada A Coruña-Vigo. Con referencias catastrais 002500200NH23H0001KX e 15066B503005400000FK.

Valor para poxa: 156.180,00 euros.

As dúas cargas anteriores están extinguidas ou non existe ningún crédito garantido, segundo informan as entidades financeiras no día da data.

E en cumprimento do acordado, expido o presente.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2015

A secretaria xudicial