Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19051

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 1661/2013 CRS).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 1661/2013 CRS

Xulgado de orixe/autos: procedemento ordinario 877/2012 Xulgado do Social número 1 de Vigo

Recorrente: José Madarnas Gándara

Avogado: Patricia Rodríguez Mariño

Procurador/a: CIG

Recorrido: José Manuel Moledo Otero

Avogado: Luis Fernando Penin Maneiro

Procurador/a: fax 986 40 45 07

Recorrido: Operis, C.B., Jesús Miguel Moledo Otero

Recorrido: Paula Baamonde de la Torre

Recorrido: Fogasa

Recorrido: Moledo Rial Construcciones, S.L.

Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber:

Que no procedemento de recurso de suplicación 1661/2013 desta sección, seguido por instancia de José Madarnas Gándara, sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Decisión. Que desestimando o recurso de suplicación interposto pola representación letrada do demandante José Madarnas Gándara contra a sentenza ditada polo Xulgado do Social número 1 de Vigo, de data 24 de xaneiro de 2013, nos presentes autos 877/2012, seguidos sobre reclamación de cantidade, por instancia do referido traballador, fronte aos demandados as empresas Moledo Rial Construcciones, S.L., Operis, C.B., o Fogasa e a administración concursal, confirmamos integramente a sentenza contra a que se recorre.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 35, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo “Observacións ou concepto da transferencia” os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Operis, C.B. e Jesús Miguel Moledo Otero, con último domicilio coñecido na avda. Redondela 3, Chapela, Redondela 36320 Vigo, expido o presente para a súa inserción no DOG.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 24 de abril de 2015

A secretaria xudicial