Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19049

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (4223/2012).

Eu, M. Socorro Bazarra Varela, secretaria xudicial da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 4223/2012 desta sección, seguido por instancia de Julio Romar Andrade contra FCC Construcción, S.A. (Fomento de Construcciones y Contratas, S.A.), Arbitek Galicia, S.L., Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L., Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. (Proesga), sobre reclamación de cantidade, se ditou a seguinte resolución:

«Que, estimando o recurso de suplicación interposto pola representación procesual da empresa Dadpinson, S.L., contra a sentenza do 14 de febreiro de 2012, ditada polo Xulgado do Social número 5 dos da Coruña nos autos 1008/2011, seguidos por instancia do demandante contra as demandadas, sobre cantidade, procede estimar o recurso interposto e revogar a sentenza de instancia en parte, e deixala sen efecto no sentido de que a cantidade que lle deberá aboar Dadpinson, S.L. ao demandante, Julio Romar Andrade, é a de 1.093,44 euros polo período dos 12 días de traballo prestado e non a de 2.095,73 euros que constan na resolución; no resto dos pronunciamentos confírmase a sentenza de instancia.

Incorpórese o orixinal desta sentenza, pola súa orde, ao libro de sentenzas do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia. Sala do Social.

Modo de impugnación. Fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpoñer recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes ao da data de notificación da sentenza. Se o recorrente non ten a condición de traballador ou beneficiario do réxime público da Seguridade Social, deberá efectuar:

– O depósito de 600 euros na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co nº 1552 0000 37, seguida de 4 díxitos correspondentes ao número do recurso e 2 díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 no canto do 35, ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de 20 díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo Observacións ou Concepto da transferencia os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo».

E para que así conste para os efectos da súa publicación no Diario Oficial de Galicia co fin de que lles sirva de notificación en forma ás empresas Ingeniería Técnica en Fachadas Ventiladas, S.L., Arbitek Galicia, S.L., Proyectos y Estudios de Galicia, S.L. (Proesga), coa advertencia de que as seguintes comunicacións se farán en estrados, salvo as que deban revestir forma de auto ou sentenza ou de se tratar de emprazamento, expido e asino este edicto.

A Coruña, 23 de abril de 2015

A secretaria xudicial