Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19047

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (RSU 2379/2014-RJ).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 2379/2014

Xulgado de orixe/autos: modificación substancial condicións laborais 1200/2012 Xulgado do Social número 2 da Coruña

Recorrente: María Isabel Barbeito Iglesias

Avogado: José Miguel López Pérez

Recorridos: Instituto de Xestión Sanitaria, S.A.U., Galicia Saudade, S.L., Ministerio Fiscal, Concello de Arteixo (A Coruña), Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., administración concursal Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo)

Avogados: José María García Pérez, (…), (…), Raquel Rodríguez Vieitez, José Miguel Orantes Canales, (…)

Mª Asunción Barrio Calle, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 2379/2014 desta sección, seguido por instancia de María Isabel Barbeito Iglesias contra o Instituto de Xestión Sanitaria, S.A.U., Galicia Saudade, S.L., Ministerio Fiscal, Concello de Arteixo (A Coruña), Eulen Servicios Sociosanitarios, S.A., administración concursal Galicia Saudade (José Ignacio Losada Castillo), sobre modificación de condicións laborais, se ditou a seguinte resolución:

«Dilixencia de ordenación da secretaria xudicial.

Mª Asunción Barrio Calle.

A Coruña, 1 de abril de 2015.

O anterior escrito subscrito polo letrado José María García Pérez, en nome e representación do Instituto de Xestión Sanitaria, S.A.U., únase ao recurso da súa razón xunto coas súas copias. Tense por interposto o recurso de casación para unificación de doutrina e fórmese peza separada que se encabezará con testemuño da sentenza ditada por esta sala. Emprácense as demais partes para que comparezan por escrito de letrado ante a Sala do Social do Tribunal Supremo dentro do prazo de dez días, achegando copias do dito escrito e designando un domicilio para notificacións na sede da dita sala; deberase acreditar a representación da parte de non constar previamente nas actuacións.

Verificado, remítanse as actuacións ao dito tribunal.

A parte recorrente enténdese comparecida de dereito coa remisión das actuacións.

Comuníqueselle ao Xulgado do Social número 2 da Coruña que contra a resolución desta sala se recorreu en casación para unificación de doutrina.

Notifíqueselles ás partes facéndolles saber que contra a presente resolución non cabe ningún recurso.

Acórdoo e asínoo. Dou fe».

E para que lle sirva de notificación en legal forma a Galicia Saudade, S.L., en ignorado paradoiro, expido este edicto para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

A Coruña, 21 de abril de 2015

A secretaria xudicial