Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19045

V. Administración de xustiza

Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (Sala do Social)

EDICTO (5135/2014 IP).

Tipo e número de recurso: recurso de suplicación 5135/2014 IP

Xulgado de orixe/autos: despedimento/cesamentos en xeral 107/2014 Xulgado do Social número 3 de Vigo

Recorrente: Fernando Carrera López

Avogado: Ignacio Alen Hermida

Recorridos: Fogasa, Fludsum, S.L., administración concursal Fludsum, S.L. (Roberto Adan Arribi López)

Avogado: (…), (…), Roberto Adan Arribi López

María Isabel Freire Corzo, secretaria xudicial da Sección número 1 da Sala Segunda do Social do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, fago saber que no procedemento de recurso de suplicación 5135/2014 desta sección, seguido por instancia de Fernando Carrera López contra Fogasa, Fludsum, S.L., administración concursal Fludsum, S.L. (Roberto Adan Arribi López), sobre despedimento disciplinario, se ditou a seguinte resolución:

Decidimos:

Que desestimando o recurso de suplicación interposto por Fernando Carrera López contra a sentenza do Xulgado do Social número tres de Vigo, ditada no xuízo seguido pola recorrente contra a empresa Fludsum, S.L., en liquidación, e o administrador concursal, con citación do Fondo de Garantía Salarial, a sala confírmaa integramente.

Notifíqueselles esta resolución ás partes e á Fiscalía do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia.

Modo de impugnación: fáiselles saber ás partes que contra esta sentenza cabe interpor recurso de casación para unificación de doutrina, que se deberá preparar mediante escrito presentado ante esta sala dentro do improrrogable prazo de dez días hábiles inmediatos seguintes á data de notificación da sentenza. Se o recorrente non tivese a condición de traballador ou beneficiario do réxime público de seguridade social deberá efectuar:

– O depósito de 600 € na conta de 16 díxitos desta sala, aberta no Banco de Santander (Banesto) co número 1552 0000 37, seguida de catro díxitos correspondentes ao número do recurso e dous díxitos do ano deste.

– Así mesmo, se hai cantidade de condena deberá consignala na mesma conta, pero co código 80 en vez do 35 ou ben presentar aval bancario solidario en forma.

– Se o ingreso se fai mediante transferencia bancaria desde unha conta aberta en calquera entidade bancaria distinta, haberá que emitila á conta de vinte díxitos 0049 3569 92 0005001274 e facer constar no campo «Observacións ou concepto da transferencia» os 16 díxitos que corresponden ao procedemento (1552 0000 80 ou 35 **** ++).

Unha vez firme, expídase certificación para constancia na peza que se arquivará neste tribunal, incorporándose o orixinal ao correspondente libro de sentenzas, logo de devolución dos autos ao xulgado do social de procedencia.

Así, por esta a nosa sentenza, pronunciámolo, mandámolo e asinámolo. Seguen as sinaturas e a publicación.

E para que lle sirva de notificación en legal forma á empresa Fuldusum, S.L., en ignorado paradoiro, expido o presente para a súa inserción no Diario Oficial de Galicia.

Advírteselle ao destinatario que as seguintes comunicacións se farán fixando copia da resolución ou da cédula no taboleiro de anuncios da oficina xudicial, salvo o suposto da comunicación das resolucións que deban revestir forma de auto ou sentenza, ou cando se trate de emprazamento.

A Coruña, 17 de abril de 2015

A secretaria xudicial