Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 90 Venres, 15 de maio de 2015 Páx. 19053

V. Administración de xustiza

Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín

EDICTO (55/2013).

Myriam de Mata Schick, secretaria xudicial do Xulgado de Primeira Instancia e Instrución número 2 de Lalín, fago saber:

No presente procedemento ditouse sentenza cuxo teor literal é o seguinte:

Sentenza.

Lalín, 28 de febreiro de 2013.

Paula María Bermúdez Fernández, xuíza do Xulgado de Primeira Instancia número 2 de Lalín, despois de ver os presentes autos de xuízo verbal número 55/2013, seguidos por instancia de Francisco Peón García, representado pola procuradora Sra. Fernández Ramos e asistido polo letrado Sr. Sánchez Campos, contra Raúl Josende Cagide, con domicilio en prol. Constitución, núm. 33, Agolada (Pontevedra), declarado en situación procesual de rebeldía, sobre reclamación de cantidade, nos cales aparecen e son de aplicación os seguintes.

Decido que, estimando como estimo a demanda exercida pola representación procesual de Francisco Peón García contra Raúl Josende Cagide, debo condenar e condeno o demandado a aboar ao demandante a cantidade de mil dezaseis euros e oitenta e dous céntimos (1.016,82 euros), que devindicarán o xuro legal incrementado en dous puntos, desde a data da presente resolución ata o seu completo pagamento.

Imponse á parte demandada o pagamento das custas causadas no presente procedemento.

Notifíquese a presente resolución ás partes facéndolles saber que contra ela non cabe recurso de apelación.

Así por esta a miña sentenza, pronúncioo, mándoo e asínoo.

E encontrándose o devandito demandado, Raúl Josende Cagide, en paradoiro descoñecido, expídese este co fin de que sirva de notificación en forma a este.

Lalín, 1 de setembro de 2014

A secretaria xudicial