Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18376

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 29 de abril de 2015 pola que se nomean os membros do tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001 (Diario Oficial de Galicia número 250, do 28 de decembro), en execución da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 745/2003, de conformidade co establecido no procedemento de execución por auto da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18 de xullo de 2011, confirmado pola Sentenza do 19 de decembro de 2013, da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo, que foi aclarada polo Auto do 7 de marzo de 2014.

O 19 de xullo de 2009 a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo ditou sentenza no recurso de casación interposto contra a sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 9 de marzo de 2005, cuxa resolución dispón:

«1º. Que ha lugar a estimar el recurso de casación número 4041/2005, interposto por Pedro J. Landeira Méndez e Isabel Arias Rodríguez contra a sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, recaída no recurso contencioso-administrativo número 745/2003, que se casa e anula.

2º. Procede estimar o recurso contencioso-administrativo número 745/2003, que declaramos contrario a dereito e anulamos nos termos dos anteriores fundamentos xurídicos e ordenamos, como se solicita, a retroacción das actuacións ao inicio do cuarto exercicio».

Promovido incidente de execución de sentenza, o 18 de xullo de 2011 a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia ditou auto en que acordou:

«Requirir a Xunta de Galicia para a execución da sentenza ditada no P.O. 745/2003, nos termos indicados no presente auto e en particular, tendo en conta:

Primero. Que procede a retroacción do procedemento para que mediante a designación de novo tribunal se realice o cuarto exercicio práctico novamente, de acordo coa convocatoria e nos termos pautados pola sentenza do Tribunal Supremo do 19 de xullo de 2009, e chamando á súa realización a todos os aspirantes que superaron o terceiro exercicio (e non incluídos entre os inicialmente aprobados). Para tal fin, a Administración debe garantir a dotación das correspondentes prazas para o caso da superación deste.

O dito exercicio realizarase dentro do segundo e cuarto mes contado desde a firmeza do presente auto.

Segundo. Que os inicialmente nomeados se deben manter nas súas prazas».

Contra o dito auto, na redacción dada aos fundamentos por auto de corrección de erros do 20 de xullo, Pedro Landeira Méndez e Isabel Arias interpuxeron recurso de suplicación e, contra o auto desestimatorio do 7 de decembro de 2011, recurso de casación que foi igualmente desestimado polo alto tribunal pola Sentenza do 19 de decembro de 2013.

Solicitada polos recorrentes aclaración da Sentenza do 19 de decembro de 2013, a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo ditou auto aclaratorio do 7 de marzo de 2014 incluíndo nela o fundamento de dereito sexto bis segundo o cal a execución «comporta necesariamente o seguinte:

1. Que a cualificación dos ditos aspirantes nese cuarto exercicio obxecto de repetición debe facerse prescindindo e sen tomar en consideración as persoas que inicialmente aprobaron ese cuarto exercicio e foron nomeados funcionarios para as prazas convocadas.

2. Que, como consecuencia do anterior, deberán ser nomeados funcionarios para as prazas obxecto da convocatoria litixiosa os doce aspirantes que superen ese novo cuarto exercicio cuxa repetición se ordena e unha vez sumadas as puntuacións dos exercicios anteriores e a que lles sexa outorgada na fase de concurso, obteñan as doce mellores puntuacións (aplicando para determinalas as medidas de acceso establecidas para as persoas con discapacidade).

3. Que para a determinación desas doce mellores puntuacións finais se prescindirá, como xa se dixo, das puntuacións que en calquera das fases do proceso selectivo obtiveron as persoas que inicialmente aprobaron ese cuarto exercicio e foron nomeados funcionarios para as prazas convocadas».

Recibida certificación da firmeza do auto do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia do 18 de xullo de 2011 e de conformidade co disposto nos artigos 103 e seguintes da Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa, esta consellería

DISPÓN:

Nomear, coa composición que se relaciona no anexo, o tribunal que deberá cualificar o proceso selectivo para o ingreso no corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de inspección turística, convocado pola Orde do 18 de decembro de 2001 (DOG núm. 250, do 28 de decembro), en execución da sentenza ditada pola Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo o 19 de xullo de 2009 no procedemento ordinario 745/2003.

Santiago de Compostela, 29 de abril de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

ANEXO

Corpo de xestión da Administración da Xunta de Galicia,
escala técnica de inspección turística

Tribunal titular:

Presidencia:

– Paloma Vázquez Fernández, funcionaria do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Secretaría:

– María de la Luz González Varela, arquitecta técnica municipal do Concello da Coruña.

Vogais:

– Antonio García Mira, funcionario da escala de Administración xeral, subescala técnica de xestión, da Deputación da Coruña.

– Pilar Fernández Maroño, funcionaria da escala de Administración xeral, subescala técnica, grupo A, subgrupo A1, do Concello da Coruña.

– José Luis Maestro Castiñeiras, funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Tribunal suplente:

Presidencia:

– Pablo Nimo Ríos, funcionario do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

Secretaría:

– José Ramón Telle Rodríguez, funcionario do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia.

Vogais:

– Ángel Ramón Otero Ramírez, funcionario do corpo de xestión de Administración da Xunta de Galicia, escala técnica de finanzas.

– Patricia García Antelo, funcionaria do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.

– Mónica Carrera López, funcionaria do corpo superior de Administración da Xunta de Galicia.