Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18372

IV. Oposicións e concursos

Consellería de Facenda

ORDE do 28 de abril de 2015 pola que se convocan para a elección de destino definitivo as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, convocado pola Orde do 20 de xuño de 2013.

En virtude da Orde do 20 de xuño de 2013 (DOG núm. 122, do 28 de xuño) convocouse o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as.

O tribunal designado para cualificar o dito proceso acordou facer pública e elevar á Dirección Xeral da Función Pública a relación de aspirantes que o superaron na súa Resolución do 15 de xaneiro de 2015 (DOG núm. 21, do 2 de febreiro).

Co obxecto de que as aspirantes que superaron o dito proceso selectivo poidan ser nomeadas funcionarias de carreira do corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, e segundo o disposto na Lei 7/2007, do 12 de abril, do Estatuto básico do empregado público, no Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, polo que se aproba o texto refundido da Lei da función pública de Galicia e demais normativa concordante, esta consellería

DISPÓN:

Primeiro. Convocar as aspirantes que superaron o proceso selectivo para o ingreso no corpo facultativo superior da Xunta de Galicia, subgrupo A1, escala de biólogos/as, ao acto de elección de destino definitivo que terá lugar no salón de actos núm. 2 (pequeno) da Vicepresidencia e Consellería de Presidencia, Administracións Públicas e Xustiza (Edificio Administrativo San Caetano, s/n, Santiago de Compostela) o día 13 de maio de 2015 ás 10.30 horas.

Segundo. As aspirantes convocadas poderán elixir entre os postos que se relacionan no anexo desta orde segundo a orde acadada no proceso selectivo, sempre que reúnan as condicións exixidas nel.

Terceiro. As aspirantes deberán ir provistas de DNI ou outro documento que acredite fidedignamente a súa identidade; no caso de non comparecer persoalmente, poderán ser representadas por terceiras persoas con poder notarial suficiente.

Cuarto. Ás aspirantes que non comparezan persoalmente ou por medio de representantes seranlles adxudicadas en destino definitivo as prazas que lles correspondan atendendo á orde de publicación destas e ao número obtido no proceso selectivo, unha vez concluído o proceso de adxudicación das prazas ás aspirantes presentes ou representadas, entre as que quedasen sen adxudicar.

Quinto. As aspirantes poderán solicitar ser declaradas en excedencia voluntaria por prestación de servizos no sector público ou por interese particular reguladas no artigo 57.1 do Decreto lexislativo 1/2008, do 13 de marzo, en redacción dada polo artigo 25 da Lei 15/2010, do 28 de decembro (DOG núm. 250, do 30 de decembro). Nestes supostos deberán presentarse ao chamamento cun certificado do/da responsable da súa unidade de persoal en que conste a condición con que prestan servizos na actualidade.

Sexto. Contra esta orde, que pon fin á vía administrativa, poderase presentar recurso potestativo de reposición ante o conselleiro de Facenda no prazo dun mes contado desde o día seguinte ao da publicación desta orde no Diario Oficial de Galicia, ou directamente recurso contencioso-administrativo, no prazo de dous meses contados desde esa mesma data, ante a Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia, conforme o disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa.

Santiago de Compostela, 28 de abril de 2015

Valeriano Martínez García
Conselleiro de Facenda

Anexo

Código do posto

Cons.

Denominación

Subgrupo

Nivel

Centro directivo

Centro destino

Concello

Formación

Titulación

Observacións

1

MAC080000015770007

MA

Posto base subgrupo A1

A1

20

D. X. de Conservación da Natureza

D. X. de Conservación da Natureza

Santiago de Compostela

Lic. Biolóxicas

2

MAC991000015001023

MA

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura Territorial

A Coruña

A Coruña

Lic. Biolóxicas

3

MAC991000015001024

MA

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura Territorial

A Coruña

A Coruña

Lic. Biolóxicas

4

MAC991000027001023

MA

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura Territorial Lugo

Lugo

Lic. Biolóxicas

5

MR3010050532400011

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Secretaría Xeral de Medio Rural e Montes

Estación de Viticultura e Enoloxía de Galicia

(Leiro-Ourense)

Leiro

Experiencia en investigación vitivinícola 2 anos ou doutoramento en materia vitivinícola (r.i.).

Licenciado en Tecnoloxía dos Alimentos, lic. Ciencias Químicas, lic. Biolóxicas

6

MR3030010127001113

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Produción Agropecuaria

Laboratorio de Sanidade e Produción Animal de Galicia (Lugo)

Lugo

Lic. Biolóxicas

Xornada de tarde

7

MR4010000015770007

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Secretaría Xeral do Mar

Secretaría Xeral do Mar

Santiago de Compostela

Lic. Ciencias do Mar, lic. Biolóxicas

8

MR4020000315770070

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

S. X. de Investigación e Apoio

Científico-Técnico

Santiago de Compostela

Lic. Biolóxicas

9

MR4020000315770071

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

S. X. de Investigación e Apoio

Científico-Técnico

Santiago de Compostela

Lic. Biolóxicas

10

MR4020000315770072

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

S. X. de Investigación e Apoio

Científico-Técnico

Santiago de Compostela

Lic. Biolóxicas

11

MR4020000315770073

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

S. X. de Investigación e Apoio

Científico-Técnico

Santiago de Compostela

Lic. Biolóxicas

12

MR4020000315770074

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro

S. X. de Investigación e Apoio

Científico-Técnico

Santiago de Compostela

Lic. Biolóxicas

13

MRC991090115001006

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura de Coordinación Área do Mar-A Coruña

A Coruña

Lic. Ciencias do Mar, lic. Biolóxicas

14

MRC991090115001007

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura de Coordinación Área do Mar-A Coruña

A Coruña

Lic. Ciencias do Mar, lic. Biolóxicas

15

MRC991090115001009

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura de Coordinación Área do Mar-A Coruña

A Coruña

Lic. Biolóxicas

16

MRC991090115001010

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura de Coordinación Área do Mar-A Coruña

A Coruña

Lic. Biolóxicas

17

MRC993000015350004

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura Comarcal Ferrol

Ferrol

Lic. Ciencias do Mar, lic. Biolóxicas

18

MRC993000036590010

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura Comarcal Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa

Lic. Ciencias do Mar, lic. Biolóxicas

19

MRC993000036590012

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura Comarcal Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa

Lic. Ciencias do Mar, lic. Biolóxicas

20

MRC993000036590013

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Servizos periféricos

Xefatura Comarcal Vilagarcía

Vilagarcía de Arousa

Lic. Biolóxicas

21

MRO130000015770009

MR

Posto base subgrupo A1

A1

20

Fogga/Subdirección Xeral de Xestión da PAC

Subdirección Xeral de Xestión da PAC

Santiago de Compostela

Lic. Biolóxicas