Descargar PDF Galego | Castellano| Português

DOG - Xunta de Galicia -

Diario Oficial de Galicia
DOG Núm. 86 Venres, 8 de maio de 2015 Páx. 18380

IV. Oposicións e concursos

Universidade de Vigo

RESOLUCIÓN do 27 de abril de 2015 pola que se nomea profesorado de corpos docentes universitarios (DF1401).

De conformidade coas propostas elevadas polas comisións nomeadas para xulgar os concursos de acceso convocados mediante Resolución desta universidade do 19 de decembro de 2014 (BOE do 10 de xaneiro de 2015) e presentada polas persoas propostas a documentación a que fai referencia a base 7ª da convocatoria,

Esta reitoría, no uso das atribucións conferidas polo artigo 65 da Lei orgánica 6/2001, do 21 de decembro, de universidades (BOE do 24 de decembro), modificada pola Lei orgánica 4/2007, do 12 de abril (BOE do 13 de abril), e demais disposicións concordantes, resolveu efectuar os nomeamentos que se relacionan no anexo.

Estes nomeamentos producirán plenos efectos a partir da correspondente toma de posesión polas persoas interesadas, que se deberán efectuar no prazo máximo de vinte (20) días hábiles, que se contarán desde o día seguinte ao da publicación desta resolución no Boletín Oficial del Estado. Se o último día do prazo coincide con sábado ou día inhábil na Universidade de Vigo, entenderase prorrogado ao primeiro día hábil seguinte segundo o artigo 48 da Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Contra esta resolución, que esgota a vía administrativa, poderase interpor recurso, ante a xurisdición contencioso-administrativa, no prazo de dous meses contados desde o día seguinte ao da súa publicación no Boletín Oficial del Estado, de conformidade co disposto na Lei 29/1998, do 13 de xullo, reguladora da xurisdición contencioso-administrativa. Potestativamente, poderase interpor recurso de reposición ante o reitor, no prazo dun mes contado a partir do día seguinte ao da dita publicación, de acordo co disposto na Lei 30/1992, do 26 de novembro, de réxime xurídico das administracións públicas e do procedemento administrativo común.

Vigo, 27 de abril de 2015

Salustiano Mato de la Iglesia
Reitor da Universidade de Vigo

ANEXO

1

Código:

DF1401-T03-600-TU-01

Corpo:

titular de universidade

Área de coñecemento:

A-600 Mecánica de Fluídos

Departamento:

T03 Enxeñaría Mecánica, Máquinas e Motores Térmicos e Fluídos

Centro de traballo:

312 Escola de Enxeñaría Industrial-Vigo

DNI

32.659.496-W

Nome e apelidos

María Concepción Paz Penín

2

Código:

DF1401-X05-187-TU-01

Corpo:

titular de universidade

Área de coñecemento:

A-187 Didáctica da Expresión Corporal

Departamento:

X05 Didácticas Especiais

Centro de traballo:

202 Fac. CC. Educación e do Deporte-Pontevedra

DNI

32.828.071-X

Nome e apelidos

Ana Isabel Rey Cao